Amence o día e esperta o sol sobre o castelo do mariscal, como se non pasaran os anos encontramos nobres e plebeos, tabernas, artesáns e xente disposta a andar.
Poralo abaixo van os de "Paso Miúdo" seguindo as pegadas do mariscal, levamos un guía de excepción (Roberto Reigosa) que nos vai explicando cada pedra, cada recuncho, cada escudo. O que é ou non medieval e a xente escoita,pregunta e da a súa opinión.
A viaxe faise pequena en distancia pero longa no tempo. Imaxinándonos o mariscal recorrendo eses lares polos que andou antes de ser traizoado polos seus vasalos enviándoo a morte.
Volvemos a realidade con ganas de que o próximo ano a viaxe nos leve ata "A Frouxeira",e soñar de novo con aqueles anos nos que non había présa por chegar, porque o mais importante soamente era chegar.
Angel Rivas
martes, 21 de julio de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)